CANDO?
  • Venres 9 de agosto
  • 13.15 horas
  • Praza José Sellier Loup
SOCIAL

  

BIOGRAFÍA

A banda viguesa Dois está formada por Óscar Raña (guitarra e voz), Guillermo Portas (baixo) e José Fran Novoa (batería). Coa publicación da súa primeira demo Dois EP (2014) chaman a atención de público e crítica pola orixinalidade do seu son.

Os vigueses combinan pop lo-fi e toques de psicodelia con surrealismo e imaxinario persoal. Coa súa carta de presentación xiran por toda España con directos que lles axudan a pulir o seu son.

Publican Está bien (2017) onde afianzan a súa personalidade como banda con cancións de pop surreal e lo-fi, ambientes oníricos e puzles sonoros. Fenómeno (2019) é o último traballo recén saído do forno e que poderemos gozar no Noroeste 2019.