CANDO?
  • Mércores 7 de agosto
  • 20.00 horas
  • Fundación Luis Seoane
SOCIAL

BIOGRAFÍA

Con só 7 anos, a santiaguesa Elba Souto comeza a cantar no coro infantil de Orfeón Terra a Nosa en Santiago de Compostela. Un ano despois, con 8 anos, ingresa na escola de música de Ames, na especialidade de violín, mesmo instrumento co que fai a proba de acceso ao Conservatorio Profesional de Música de Santiago con 12 anos.

Graduada en Comunicación Audiovisual, Elba conta co grao profesional de Canto Lírico e de Violín. Sempre vinculada á música, aos 14 anos tamén comeza a tocar a guitarra e a cantar en grupos de rock. As súas influencias son Kate Bush, Enya ou grupos postpunk como Joy Division ou The Jesus and Mary Chain.

En 2015, Elba Souto forma Ivy Moon, grupo co que chega a tocar por toda Galicia, cidades como Granada, Madrid e Barcelona e ata en Croacia. Para este 2019, baixo o nome de ELBA, publicará os seus primeiros traballos con este novo proxecto electrónico en solitario. Unha aposta fresca, vital e prometedora.