CANDO?
  • Mércores 7 de agosto
  • 21.00 horas
  • Praza de San Nicolás
SOCIAL

  

BIOGRAFÍA

O guitarrista e compositor Pablo Rega chega aos escenarios do Noroeste Estrella Galicia 2019 coa súa nova banda Electra, para ofrecer unha interesante viaxe musical que vai desde o rock experimental das súas orixes ata terreos de vangarda, con sons clásicos, música fronteiriza e de raíz americana e pasaxes máis evocadores e sofisticados. Electra presentará o seu último traballo Duelos y quebrantos cun directo arrollador, maduro e elegante que non defraudará a ninguén.

Pablo Rega, é ex miembro da estrañada formación de rock progresivo Kozmic Muffin. Rega pasou os últimos 15 anos dedicado á música instrumental, a medio camiño entre a improvisación libre e a composición contemporánea e experimental, en formacións como B.I.B (Banda de Improvisadors de BCN) e O.M.E.GA (Orquesta de Música Espontánea de Galicia), das cales foi director durante anos. Completan a formación Álvaro Dorda á voz (Mandrágoras, Ultracuerpos, Rockers Go To Hell), Miguel Martínez ao baixo (Rockers Go To Hell, MEU, Pardo), Ramón Alonso, guitarra e coros (Ultracuerpos, Sensacional), Enrique Otero aos teclados (Kozmic Muffin, Banda Crebinsky) e Adrián Seijas, batería e coros (Misterioso Viaje Holanda, Xoel López). Todos eles músicos de consolidada experiencia no panorama nacional.

Fotografía: Juan Rodríguez