CANDO?
  • Xoves 8 de agosto
  • 14.45 horas
  • Rúa Torreiro
SOCIAL

   

BIOGRAFÍA

Desde o seu nacemento en 2014, a formación coruñesa Elvis Negro sufriu diversos cambios internos ata que se asentaron e constituíron a banda con Marcos García (guitarra eléctrica e voz), Maritxu Alonso (baixo, sintetizador e voz), Fer Bescansa (guitarra eléctrica e sintetizador) e María Costa (batería).

Defínense como “a morte lenta” e practican o noise pop con cancións que transmiten delicadeza, melancolía e escuridade. No Noroeste 2019 tocarán os temas dos seus traballos Estaba en llamas/El salvaje abandono (2014), Helio​(​tropo) · Vanadio (El salvaje abandono) (2016) e Pizza​(​Niobio​)​/​Surfeta​(​Tántalo) (2017).