CANDO?
  • Martes 6 de agosto
  • 22.45 horas
  • Praza das Bárbaras
SOCIAL

    

BIOGRAFÍA

Emma Pollock é unha das grandes damas do pop escocés. Tamén é o cerebro dos emblemáticos The Delgados, do prestixioso selo Chemikal Underground (fogar de Mogwai ou Arab Strap) e dos estudios de gravación Chem19. Pero, sobre todo, Emma Pollock é a protagonista dunha brillante carreira musical de máis de vinte anos.

Ten tres discos de estudio ás súas costas: Watch the fireworks (2007), The law of large numbers (2010) e In Search of Harperfield (2016). Neste último traballo dá conta do pop sublime e refinado que identifica sempre as súas propostas. Emma Pollock é sinónimo de melodías agridoces, melodías de sinxela complexidade, melancolía enerxética que derrocha optimismo, letras inspiradoras e unha voz de luxo.