CANDO?
  • Xoves 8 de agosto
  • 21.30 horas
  • Praza da Constitución
SOCIAL

     

BIOGRAFÍA

En 2006 os coruñeses Silvia Rábade e Carlos Tajes empezan a compoñer os seus primeiros temas xuntos e nace así o dúo folk-rock Escuchando Elefantes, coñecido polas súas actuacións espontáneas na rúa, que os levaron a percorrer, incluso, distintas cidades europeas. Os compoñentes de The Frames, Glen Hansard e Markéta Irglová, gañadores dun Oscar á mellor canción pola película Once, atopáronse a Escuchando Elefantes nun deses concertos improvisados en San Sebastián. Esa mesma noite de 2010, Silvia e Carlos foron invitados a compartir escenario con eles.

O seu primeiro traballo Show & Tell (2012) foi moi ben recibido pola crítica. Co segundo álbum, Happy Lonely People (2014), dan un paso máis na súa carreira, con videoclips nominados internacionalmente. Durante estes anos, Escuchando Elefantes tocaron con Bono, Sinéad O’Connor ou Damien Rice. En 2017 publican o seu último disco polo momento, Hope, que conta con cancións potentes e melódicas como There’ll Be Joy, The Fight ou Anyway.

A finais de 2017 sufriron un accidente de tráfico en Francia que os obrigou a parar a xira europea na que estaban somerxidos e afastounos dos escenarios durante un ano. Tampouco puideron tocar no Noroeste pasado debido á choiva. Agora regresan ao Noroeste 2019 para tocar na súa cidade e fano coa xira “We are fine, thank you”, coa que neste ano volven aos escenarios e agradecen ao público o apoio recibido.