CANDO?
  • Xoves 8 de agosto
  • 19.00 horas
  • Casa Museo Casares Quiroga
SOCIAL

  

BIOGRAFÍA

Faia Díaz é unha das integrantes do grupo galego De Vacas. Neste 2019 presenta o seu primeiro traballo en solitario: Ao cabo leirín. Co proxecto FAIA, a cantautora une canto tradicional e espazos sonoros atemporais baixo unha ollada persoal da tradición oral galega transmitida por mulleres. Toda unha posta en valor da tradición e das voces femininas cun disco experimental gravado en rigoroso directo.

Co título Ao cabo leirín, Faia homenaxea a súa terra, Os Ancares, empregando a súa variante dialectal e demostrando a riqueza da lingua galega. FAIA reivindica o rural, os costumes e a cultura popular galega. Experimentación, tradición e modernidade, xuntaranse no directo de FAIA deste Noroeste 2019.