CANDO?
  • Xoves 8 de agosto
  • 22.30 horas
  • Teatro Colón
SOCIAL

  

BIOGRAFÍA

O excepcional multiinstrumentista nacido en Debre Berhan (Etiopía), Hailu Mergia, estivo máis de vinte anos en sequía discográfica e vivindo nos EEUU – por un exilio voluntario, fuxindo da dictadura de Mengistu-. Cun pasado célebre na escea ethio-jazz dos anos setenta, o culto á súa figura mantívose ao longo destes anos nos cales editouse á súa obra. Tras triunfar en vivo cun son que conecta acid jazz con música pentatónica e o swing coa tradición dos xuglares azmaris, retorna de forma impecable con Lala Belu (ATFA, 2018), seis grandes cancións que, segundo Rockdelux “parecen avanzar alleas a calquera coordenada de espazo e tempo”.

Hailu Mergia preséntase no seu novo gran momento liderando co seu órgano Hammond un trío de jazz, que conta cunha sólida sección rítmica integrada polo contundente baixo de Mike Majkowski e a estruendosa batería de Tony Buck. Sempre cun fondo de música africana, que crea unha atmósfera hipnótica e misteriosa.