CANDO?
  • Sábado 10 de agosto
  • 13.30 horas
  • Rúa Torreiro
SOCIAL

  

BIOGRAFÍA

Marta, Maite, Matina e Ana forman a banda feminina Hickeys. Estas madrileñas comezaron a súa andaina musical en 2017. Cunha mestura de post punk dos 90 e o son lo-fi crearon o seu particular estilo que elas chaman ‘glitter punk’. Guitarras distorsionadas e espidas, baixos contundentes e ritmos frenéticos definen o seu primeiro EP Diamond Munch.

Na súa curta traxectoria, Hickeys xa xirou por salas de toda España e Portugal. E non só iso, senón que chamaron a atención de eventos en Estados Unidos, como o New Colossus Festival de Nova York ou o SXSW de Austin; e de Reino Unido, onde xa realizaron unha exitosa primeira xira. Tras pasar por festivais como o FIB, Get Mad, Ebrovisión ou Sound Isidro, neste 2019 chegan ao Noroeste para demostrar por que son unha das bandas emerxentes do continente europeo.