CANDO?
  • Martes 6 de agosto
  • 22.30 horas
  • Castelo de Santo Antón
SOCIAL

     

BIOGRAFÍA

A cantautora norteamericana Holly Miranda naceu entre Detroit e Nashville, dúas cidades con grande peso musical que terían unha influencia moi profunda na súa propia aventura artística. Comezou a tocar o piano á idade de 6 anos, aprendeu de maneira autodidacta a tocar a guitarra aos 14 e mudouse a Nueva York aos 16 para comezar a súa carreira profesional. Durante casi 20 anos, Holly estivo actuando, escribindo e producindo xunto ás figuras máis importantes da industria. Tocou con xigantes como Florence And The Machine, Karen O, Lou Reed, The XX ou Lesley Gore. Sacou dous discos xunto á súa banda The Jealous Girlfriends, toca a batería con Scarlett Johansson en The Singles e coescribiu e produciu un bo puñado de outros proxectos. En 2018 sacou o seu terceiro disco, Mutual Horse, co sello Dangerbird Records, e visitou Europa para presentalo. No álbum colaboraron Josh Werner (Dr. John, Lee Scratch Perry), Jared Samuel (Yoko Ono), Jim Kirby Fairchild (Grandaddy, Modest Mouse), Kyp Malone (Tv On The Radio), Maria Eisen (Underground System) e Matthew Morgan (Built to Spill, Modest Mouse), entre outros.

ENTRADA AO CONCERTO

  • As entradas estarán a disposición do público o día previo a cada concerto en Ticketea.com a custe de 0 euros (máximo 2 entradas por persoa ata fin de existencias).
  • Sortearanse entradas dobres a través das redes sociais (Facebbok, Twitter e Instagram) do Festival Noroeste Estrella Galicia os días enteriores.
  • A apertura do Castelo de Santo Antón terá lugar unha hora antes do inicio da actuación. Prégase ao público que teña entrada que acceda ao recinto uns 30 minutos antes do comezo do concerto.