CANDO?
  • Martes 6 de agosto
  • 22.00 horas
  • Campo da Leña
SOCIAL

     

BIOGRAFÍA

Tras cinco álbums no seu haber e un silencio discográfico de sete anos (Wasteland, publicado en 2012, era o último que puideramos escoitar deles),  Holywater entenderon que, para revolucionar aos demais, tiñan que revolucionarse a si mesmos. E así o fixeron. O retiro á vida no campo de Ricardo Rodríguez (vocalista, guitarrista e compositor) motivou outra mecánica de traballo, abrigados por unha guitarra española, unha acústica e un baixo, cunha inspiración conceptual naturalista.

Cun son inspirado nos bosquexos da natureza e que cambia a virulencia e a descarga do rock eléctrico polo abrigo dos instrumentos de madeira, Holywater encerrouse o pasado mes de agosto de 2018 nos estudos Planta Sónica 2 de Vigo a rexistrar o que, posiblemente, sexa o repertorio máis sentido, directo e sen manobras nin ambaxes da  troupe galega: Arboreal (Ernie Records, 2019), un disco que é pura verdade desde a primeira ata a última nota. Sen perder o empaquetado rockeiro e cun son que lembra a discos como o Harvest de Neil Young, aos achegamentos electroacústicos de bandas como Alice in Chains ou Pearl Jam ou ao rexistro máis puro de Uncle Tupelo,  Drive- By Truckers ou  Whiskeytown, o novo de  Holywater demostra que o rock and roll non entende de volumes nin de manobras de  escapismo, senón de verdade.