CANDO?
  • Sábado 10 de agosto
  • 14.45 horas
  • Bulevar do Papagaio
SOCIAL

BIOGRAFÍA

Indy Tumbita & The Voodoo Bandits soan a surf, a rock e a cumbia. A formación ten a súa orixe en 2015, cando Indy Tumbita, guitarrista vigués de bandas como Los Duques de Monterrey, Thee Tumbitas ou Pedrito Diablo & Los Cadáveras, comeza a traballar no seu primeiro disco instrumental en solitario, Bay Vibrations. Un disco que está cheo de influencias do “Spaghetti Western”, do son amazónico, do flamenco e do jazz.  Para a súa presentación en directo, Indy Tumbita rodeouse dos The Voodoo Bandits, unha banda “con dotes para a maxia negra” composta por recoñecidos músicos da escea galega.

En 2018, Indy Tumbita & The Voodoo Bandits volven ao estudio para gravar dúas novas perlas instrumentais: Surfing Halloween / Love from Mars. Xa neste 2019, publican Cocodrilia, Hypnótica, La Virgen de la Roca e No seas rata con la plata, catro títulos que supoñen unha nova evolución na banda, incorporando a influencia musical da cumbia.