CANDO?
  • Xoves 8 de agosto
  • 23.30 horas
  • Campo da Leña
SOCIAL

   

BIOGRAFÍA

Jenny and the Mexicats é unha fusión de nacionalidades e personalidades únicas, unha banda multicultural e ecléctica que reúne a Jenny (inglesa), Icho e Pantera (mexicanos) e David (español), para crear perfectos ritmos de jazz, rockabilly, folk, flamenco e reggae que aderezan con cálidas  sonoridades latinas, levándonos nun instante de México a Xamaica e de Londres ao Caribe nun exótico circuíto desposuído de prexuízos.

Jenny  and the Mexicats teñen moitos quilómetros ás súas costas, cunha xira mundial por catro continentes, e agora chega ao Noroeste Estrella Galicia para presentarnos ‘Mar adentro’, o seu terceiro LP, un disco que conserva o sonido Mexicats; metade en castelán, metade en inglés, no que se atreven a xogar con novos estilos, como o merengue. Con  Jenny como  frontwoman, a banda desprega os seus encantos enriba de cada escenario, facendo un directo para que todos, sen excepción, saian a bailar.