CANDO?
  • Mércores 7 de agosto
  • 20.30 horas
  • Teatro Colón
ENTRADAS
SOCIAL

      

BIOGRAFÍA

O músico, pianista e compositor Júlio Resende é un dos artistas portugueses máis internacionais do momento. Para el “poder levar un patrimonio musical único como o é o fado, nunha viaxe de circunnavegación por todo o mundo, foi un soño feito realidade que quero perpetuar no tempo”. Man dereita no cuarteto de Salvador Sobral, Resende acompañou nos últimos tempos a cantantes da envergadura de Silvia Pérez Cruz, Ana Moura ou António Zambujo, por citar a algunhas figuras da canción ibérica contemporánea.

Segundo escribiu Antonio Muñoz Molina, en El País: “Júlio Resende concedeuse a si mesmo toda a liberdade que lle daba a gana. E paso a paso avanzou ata chegar á proximidade da súa orixe, que é a música popular portuguesa”. E é que sobre o escenario presenta unha proposta sublime, que encarna a alma do fado a través do seu piano; mentres que, á vez, rendémonos ante a altura da súa proposta jazzística, construíndo así unha ponte entre tradición e modernidade lonxe de calquera etiqueta.

Talentoso compositor, enorme improvisador e tecnicamente impecable, Resende actuou en infinidade de países, tanto na súa proposta de fado piano como coa súa formación  jazzística. Tras álbums brillantes como Amália ou Fado & Further, Júlio Resende publica en outubro de 2018 Cinderella Cyborg, un sorprendente disco que humaniza os sons das máquinas aspirando, ao tempo, as tendencias urbanas (rap, electrónica) e as linguas, cunha naturalidade abraiante. Belas melodías ao piano, con aires de fado, e sons electrónicos que hipnotizan a alma.