CANDO?
  • Xoves 8 de agosto
  • 14.30 horas
  • Praza José Sellier Loup
SOCIAL

    

BIOGRAFÍA

“Ladrillo” é inamovible, malencarado, voz profunda e coros agudos, “mujer” é estrafalario, polémico, sincero, feminino e adorable. Xuntos, convértense nunha auténtica explosión musical que combina o mellor synth punk, voces pop, arranques metaleiros e rock combativo.

Moi noventeiros, os coruñeses Ladrillo y Mujer mesturan cancións con letras crípticas e luminosas, froito das diversas personalidades dos catro compoñentes do grupo, con ritmos frenéticos e bailables. En 2019 publican o sinxelo No lo voy a dejar, que se suma a unha lista de temas que farán da súa actuación un directo escuro que non deixará indiferente a ninguén.