CANDO?
  • Mércores 7 de agosto
  • 20.30 horas
  • Praza das Bárbaras
SOCIAL

   

BIOGRAFÍA

En 2015, na Sala Mardi Gras coruñesa, dúas amigas deciden devolverlles ás cancións de toda a vida o empoderamiento das mulleres. Elas eran Antonia Lee (Ana Lee) e Antonia Colores (Mamen Bazarra). Así nacen Las Antonias, que en 2018 crecen coa incorporación de Antonia  Pentagramas (Elena García-Fresca), Antonia A Feira (Sabela Caridade) e Sam Antonio (Jota Romero).

Comulgando sen reparos, transmitindo nutrientes, filtrando substancias nocivas e fabricando hormonas a ritmo dunha escena obscenamente risueña, este particular quinteto sobe ao escenario versións propias de temas clásicos, con letras cambiadas e arranxos en clave de humor e un toque de cabaret forman parte dun espectáculo transgresor, cheo de diversión e reivindicación. O primeiro traballo das Antonias, Boleros e outras delicias, é un disco para gozar e rir en directo. Un espectáculo que destripa boleros, tangos e outras delicias ao berro reivindicativo de “Todos somos  Antonias!”.