CANDO?
  • Venres 9 de agosto
  • 21.00 horas
  • Praia de Riazor
SOCIAL

  

BIOGRAFÍA

Alejandro Gesto e Carlos Eirís son LORA, un grupo de rap con toques pop moi marcados, procedente de Carral. O grupo fórmase a principios de 2018 e comeza a publicar os singles do seu primeiro álbum en abril dese mesmo ano. Autoproduce todos os seus temas, desde a composición da música e as letras, ata a gravación e a mestura dos sons. Nas cancións de LORA, ademais dos clásicos sintetizadores e os samples, Alejandro e Carlos incorporan tamén instrumentos acústicos para crear bases instrumentais cun son moito máis orgánico, que levan tamén aos directos onde lles acompañan un DJ e un guitarrista para facer as súas actuacións máis enérxicas e entretidas.

A banda foi seleccionada como unha das 12 semifinalistas do concurso Vodafone Yu Music Talent entre máis de 1.200 grupos. Asimesmo, LORA foi gañadora do concurso Sons Mans e, agora, ven de gañar o XXI Concurso de Bandas e Solistas de Cuac FM. Co seu tema Johnny Reggae soaron en Los 40 Coruña e en Radiovo. Actualmente, a banda está a gravar os temas que conformarán o seu segundo álbum, previsto para despois do verán.