CANDO?
  • Xoves 8 de agosto
  • 14.15 horas
  • Rúa Capitán Troncoso
SOCIAL

     

BIOGRAFÍA

Los Árboles presumen de pop clásico aderezado con toques actuais e un repertorio que conxuga temas tranquilos con outros máis potentes. A aventura destes composteláns comeza en 2010 cando Alberto Barreiro (baixo e coros) aposta por lanzar as cancións compostas por Alexandro González (piano e voz). Estaban medrando, case sen querer, Los Árboles. Completan a banda Marcelo Pedredo (guitarra), Martín González (percusión, sintetizador e coros) e Alberto Dopico (batería). Xuntos foron dando forma á banda e a unha música elegante onde mandan as melodías.

Pouco a pouco foron conseguindo o seu espazo nas salas de música galegas e convertéronse en teloneiros de Coque Malla ou Love of Lesbian. En todos estes anos continuaron traballando sen pausa, perfeccionando temas e son en directo. Durante os primeiros anos de traxectoria publican Catorce grados (2012) e Los días que quedan son nuestros (2013).

Los Árboles tomaron un respiro de catro anos, nos que Alexandro González ten colaborado con Sensacional, Pardo ou Chavales. Logo deste parón, Los Árboles reuníronse no estudio de novo para gravar un novo traballo. Así, chega o seu primeiro disco de longa duración, Ensayo y Error (2018). Cun marcado carácter autobiográfico onde tratan dilemas da vida, das persoas e dos seus comportamentos, os temas son un labirinto emocional cheos de melodías pop e ritmos pegadizos. Para a gravación deste traballo, o grupo de Santiago contou co apoio do público a través dunha campaña de crowfunding. No primeiro tema de presentación, A Marte, Los Árboles contaron coa colaboración especial de Néstor Pardo á guitarra.