CANDO?
  • Mércores 7 de agosto
  • 22.45 horas
  • Praza das Bárbaras
SOCIAL

   

BIOGRAFÍA

Con referencias como The Pretty Things, The Beatles, Cánovas, Rodrigo, Adolfo y Guzmán (CRAG) o Solera, Los Estanques, banda liderada polo compositor e multinstrumentista Íñigo Bregel, responde á recuperación do pop progresivo feito en castelán con gusto polas melodías singulares e improntas pouco observadas na escea actual.

Tras dous discos editados en 2017 e un 2018 cheo de concertos e grandes festivais, arrincaron 2019 anunciando novo disco, Los Estanques, o terceiro na traxectoria da banda cántabra. Un traballo que plasma as inquedanzas musicais da banda a través de 13 cancións que conforman un disco onde mesturan maxistralmente estilos tan diversos coma o pop, o rock, a psicodelia, o progresivo, o funk, o soul ou o jazz. Un compendio de xéneros que compilan nun estilo que xa á a marca da casa, o Pop Progresivo Psicodélico.