CANDO?
  • Mércores 7 de agosto
  • 21.30 horas
  • Praza das Bárbaras
SOCIAL

     

BIOGRAFÍA

Los Hermanos Cubero chegan este verán á cidade da Coruña da man do 33º Noroeste Estrella Galicia. A idea de mesturar o folclore alcarreño co bluegrass xenuinamente americano é algo que, posiblemente, só estaba na mente deste singular tándem patrio. O resultado é atractivo e sorprendente a partes iguais. Os irmáns alcarreños Quique e Roberto fusionan con mestría as súas influencias e danlles forma a través das súas dúas voces, unha guitarra e unha mandolina. E teñen moi claro que non necesitan máis no que se refire ao apartado musical. O broche de ouro póñeno as súas letras punzantes e cargadas de mensaxe, camufladas con moito arte mediante unha sátira que adoptaron do cancioneiro tradicional español e, en concreto, da Alcarria, a súa terra, á a que recorren frecuentemente a modo de musa.

Sen dúbida, o folk en castelán alcanza unha nova dimensión da man de Los Hermanos Cubero, que presentarán en directo no seu último disco, Quique dibujala tristeza. Un traballo para sanar a dor, que acepta todos eses días sen sol. Unha música inspirada e dedicada a unha persoa que xa non a poderá escoitar. Unha invitación para acompañar a Enrique Cubero alén da liña de sombra. Un disco con cuxo tremor, con cuxa beleza rachada, é imposible non empatizar.