CANDO?
  • Sábado 10 de agosto
  • 18.30 horas
  • Parque do Paseo das Pontes
SOCIAL

     

BIOGRAFÍA

Nados ao amparo do punk e influídos polas bandas co cabeiro mellor afiado dos oitenta -Kaka de Luxe, Los  Nikis ou Derribos Arias-, Los  Punsetes foron capaces de crear algo novo cos últimos  estertores dunha xeración anterior. A súa enorme personalidade, a peculiar posta en escena  impertérrita Ariadna á fronte) e unha coidada estética a cada paso que deron, súmanse ao agudo enxeño de Manuel Sánchez “ Anntona”, principal compositor, para un resultado  fresquísimo e contundente.

Creáronse en 2004, e cinco discos despois –cun sexto en camiño-, a banda madrileña á que as etiquetas de indie pop lles quedan bastante curtas, continúan dando forma a unhas cancións nunca inofensivas coas que destruír toda convención social desta vida moderna. Un exemplo diso é o seu último single Una persona sospechosa, primeiro adianto do que será o seu próximo álbum de estudo, que verá a luz tras o verán. Un tema que, seguindo a súa habitual liña de comentario social ácido, reivindica o dereito a “cagarla ben cagada”, que o público do Noroeste non poderá evitar corear.