CANDO?
  • Xoves 8 de agosto

 

  • 19.30 horas

 

  • Campo da Leña
SOCIAL

     

BIOGRAFÍA

Los  Vinagres e o seu rock volcánico nacen en La Palma en 2013, aínda que levaban fraguándose desde 2011. Pero é en 2015 cando despegan para todos os públicos coa publicación de Aquí No Hay Playa, un single con dous  temazos de pura enerxía que derón o pistoletazo de saída a este trío de directo humillante, que repasaba no escenario con sorprendente mestría as súas influencias máis directas… desde Santana a Black Keys, pasando por Mars Volta ou Led Zeppelin.

Verbeneros e canallas, o trío evoluciona cara á música latina no seu novo álbum Los Volcanes e que inclúe temas como La Chibichanga, Sácate los colmillos ou Los volcanes se duermen cos que os canarios alcanzan a madurez artística. Tras dous anos de traballo dedicados á composición e a produción, Los Vinagres ofrecen un renovado son a base de blues e rock influenciado pola música latina e o rock de raíces canarias. Unha evolución que tamén mostran nos seus directos, que afrontan coma se fose unha verbena de toda a vida, animando á xente a que baile e cante con eles co san obxectivo de pasar un bo momento.