CANDO?
  • Martes 6 de agosto
  • 21.15 horas
  • Fundación Luis Seoane
SOCIAL

     

BIOGRAFÍA

Pedro e Benito Jiménez levan máis de dúas décadas enredando coa remestura, o live cinema, o folclore dixital e o remix de vídeo político, tanto en propostas persoais –entre elas,  Borderhack, sobre a migración e as fronteiras, ou No Media Detected, acerca dos medios de  comunicación-, como en espazos colectivos, xunto a  bulos.net,  ZEMOS98 ou proxectos como Carta Flamenca a Nam June Paik , Turismo sin fin ou  DEF, DiálogosElectroFlamencos.

Foron moi soados os seus traballos xunto a Niño de Elche, a súa presenza na Bienal de Flamenco de Sevilla ou as súas colaboracións con Rocío Márquez, Pony Bravo ou BSN Posse, todos eles, traballos que dan boa conta da versatilidade e o gusto pola investigación e a  experimentación sonora, audiovisual e conceptual de Los Voluble. As súas “catástrofes audiovisuais” puideron verse en espazos como o Sónar Festival ou o Festival Norpas, por citar tan só algúns. En formato dúo VJ/ DJ nútrense da experimentación audiovisual e da remestura en directo, picoteando de géneros tan peculiares como o flamenco ou a electrónica, sempre acompañados dunha potente capa de cultura crítica. As súas sesións cheas de cafrerío audiovisual inclúen instrumentos electrónicos e analógicos en directo,  amasados con material ilícitamente apropiado do dominio público ou cedido por diversos artistas.

Fotografía: Celia Macías