CANDO?
  • Mércores 7 de agosto
  • 23.15 horas
  • Campo da Leña
SOCIAL

     

BIOGRAFÍA

Lucifer é unha reputada banda de heavy rock procedente de Estocolmo. Liderada por  Johanna Sadonis, a súa andaina iníciase en Berlín no ano 2014. Desde entón, percorreu o mundo con incansables e exitosas xiras por Europa, Estados Unidos, Canadá, Xapón, etc.  Lucifer caracterízase polo seu contundente son de hard rock dos anos 70, aderezado cunha boa dose de  proto heavy metal e doom rock. As súas principais influencias son grupos como Black Sabbath, Deep Purple, Blue Öyster Cult,  Steppenwolf ou Fleetwood Mac. Entre os seus traballos discográficos cítanse o seu álbum debut, Lucifer I, e Lucifer II, a súa continuación, publicada en xullo de 2018 cunha grande acollida por parte da crítica e o público. Con eles, visitaron festivais internacionais de renome como KISS Kruise, Psycho Las Vegas, Hellfest ou Desertfest, por nomear só algúns dos fitos dunha banda adictiva que chegará á Coruña este verán lista para escalar o Monte Olimpo do rock.