CANDO?
  • Xoves 8 de agosto
  • 22.45 horas
  • Praza da Constitución
SOCIAL

     

BIOGRAFÍA

Mastodonte é o novo proxecto musical de Asier  Etxendia, cociñado ao alimón xunto a  Enrico  Barbaro. Unha proposta que chega para revolucionar o panorama musical tal e como o coñecemos agora. E é que o seu debut discográfico é moito máis que un álbum: é toda unha experiencia sensorial, unha explosión de emocións expresadas a través da música.

Mastodonte é unha viaxe emocional, como a anatomía dunha vida, coas súas diferentes etapas e actos, que conforman as súas cancións, épicas e rotundas. Unha viaxe conceptual a  través da vivencia dun ser humano, desde unha vida anterior ao seu nacemento, pasando pola niñez, a adolescencia, o descubrimento da  paixón e o amor, a madurez, a perda, o  perdón, a morte e a serena aceptación dos seus erros. É a búsqueda de como ser un mesmo ata o final, sen reservas. E é unha celebración da vida, unha festa onde os estilos musicais, desde a electrónica, o rock, o barroco, o íntimo, o funk, o experimental, o clásico e a música dance mestúranse para crear unha celebración definitiva.