CANDO?
  • Sábado 10 de agosto
  • 13.15 horas
  • Praza José Sellier Loup
SOCIAL

   

BIOGRAFÍA

A materia prima creativa que comparte o cuarteto integrado por Ju, Brais, Fiz e Fer recíclase, recomponse e ábrese camiño á superficie con novas formas e cores. Batería, baixo e teclado rompen relacións coa guitarra e póñense a disposición dos samplers en busca de aire fresco, veña este de onde veña. Mundo Prestigio é unha festa á cal están convidados o pop, o hip-hop, Isaac Hayes w Bad Bad Not Good, na que o importante é -e será sempre- pasálo moi ben. O público do 33º Festival Noroeste Estrella Galicia poderá gozar do enérxico set desta prometedora troupe galega de influencia hip-hopera. Nos seus temas, a música de raíz negra atópase co pop e a psicodelia.