CANDO?
  • Xoves 8 de agosto
  • 21.15 horas
  • Fundación Luis Seoane
SOCIAL

     

BIOGRAFÍA

Músculo! nace en 2012 coa intención de mesturar instrumentos analóxicos con elementos electrónicos buscando novas texturas e estilos. A banda está formada por Álvaro Blanco, Raúl Santiago, Javier Buela e Nicolás Nieto. A súa evolución musical foi escorándose cara a electrónica bailable sen deixar de lado a experimentación, abrazando sen complexos as últimas tendencias, sen medo a explorar novos sons. O seu primeiro traballo foi elixido semifinalista do Proyecto Demo do FIB de Benicàssim. En 2013 publica o seu segundo EP, Selección natural, co que derivou cara a terrenos kraut rock sen deixar de lado a electrónica máis bailable. En maio de 2014 lanza Vivac, abrazando o son Manchester e levándoo cara a sons máis actuais. Ese mesmo ano pasa a ser banda Jägermeister.

En 2018 lanza o seu primeiro LP, Músculo!, que deixa entrever unha gran evolución do grupo cara á electrónica máis actual. E este 2019 foi finalista dos Premios Martín Códax da Música por segundo ano consecutivo, mentres que o seu videoclip What We Left Behind foi nominado como mellor videoclip no Festival de Cans. Co seu directo contundente e sen fisuras, Músculo! chegará este verán aos escenarios do 33º Noroeste Estrella Galicia tras visitar xa ao longo da súa historia algúns dos festivais máis prestixiosos da Península, como o BBK Live,o BIME, o Monkey Week ou o Low Festival.