CANDO?
  • Domingo 11 de agosto
  • 15.00 horas
  • Parque do Paseo das Pontes
SOCIAL

 

BIOGRAFÍA

Marian Ledesma & Tinaquero Brothers coñecéronse nun concerto de Carlos Childe no Joana’s Place en 2007. Marian quedou prendada do estilo dos irmánse, nun alarde de valor e sen coñecelos, achegouse a eles para propoñerlles unha colaboración. Ante a súa sorpresa, os Tinaquero Brothers aceptaron e, desde entón, o trío solidificou a súa unión nunha infinidade de directos, nos que cada artista aporta a súa forma de ver e sentir a música, pero sempre desde unha linguaxe común: o blues.

A súa experiencia escénica e o seu estilo súmanse a un son auténtico e inigualable. A súa é unha viaxe única ao Delta do Mississippi, onde a voz feminina de Marian lembra a aquelas deusas de algodón como Bessie Smith, Ma Rainey ou Elizabeth Cotten. E, todo iso, sen deixar de lado a forza do son máis tradicional inspirado en Robert Johnson, Doc Watson, Muddy Waters ou Howlin’ Wolf. Este mes de agosto, o Festival Noroeste Estrella Galicia será testemuña dunha colaboración moi especial da banda co músico Ñaco Goñi, un dos grandes pioneiros do blues en España.