CANDO?
  • Venres 9 de agosto
  • 00.30 horas
  • Praia de Riazor
SOCIAL

      

BIOGRAFÍA

Esta artista arxentina de sangue italiana e querencia cubana chega no momento xusto. Dotada dun talento vocal extraordinario e dunha intuición musical aventaxada, cita a Celia Cruz coma unha das súas indispensables, pero tamén a Etta James, Nina Simone, Chet Baker ou ao Chayanne de Fiesta en América. Afincada desde os dez anos en Madrid -agora ten 24-, os seus pais fuxiron da complicada situación económica do seu país. En todo este tempo, a súa educación sonora fraguouse escoitando “cantidades masivas de música” para logo levalas ao seu terreo.

Terreo que é o xénero urbano, as historias, a rúa e as relacións persoais baixo esa etiqueta chamada trap pero que a ela, definitivamente, quédalle máis que pequena. O seu último traballo, La sandunguera, publicado en abril de 2018, dá conta disto. Seis temas en inglés e en español onde salda a súa débeda coas músicas negras: jazz vocal, rhythm and blues, hip hop, ritmos caribeños… todo aquilo de onde procede. Porque, faga o que faga, parece que nada se lle resiste.