CANDO?
  • Mércores 7 de agosto
  • 22.00 horas
  • Praza de San Nicolás
SOCIAL

      

BIOGRAFÍA

O son do cuarteto anglo-neozelandés  Night  Shades  é unha combinación de garage punk e rock& roll que dá como resultado un son ruidoso, románticamente escuro e inquietante, capaz de atrapar na súa enerxía trashy. Tras publicar unha primeira maqueta en 2015, a banda publica o seu EP de debut en Halloween de 2017, Evil  Dreams, seis cancións nas que as guitarras de Shaun e Claire desprenden ferocidade e gruñidos, creando unha gran corrente de  distorsión, mentres o ritmo primitivo de Niall á batería e o baixo de Vince fan que todo retumbe “coma se estivésemos ante o día do xuízo final”. En xuño de 2019 publicarán o seu segundo traballo, baixo o título de Dead Nerves. Este Noroeste gozaremos do directo de Night Shades, no que posuirán ao público, arroxando sombra sobre a noite máis escura e destapando o verdadeiro rock& roll.