CANDO?
  • Domingo 11 de agosto
  • 18.00 horas
  • Parque do Paseo das Pontes
SOCIAL

     

BIOGRAFÍA

Os Amigos dos Músicos é unha formación de Ourense formada por experimentados músicos que proveñen de tradicións diversas e grupos como Niño y Pistola,  Blood Filloas, O Sonoro  Maxín, Annie Hall,  Haecceidad ou Cinnamon Gum. Desde que se uniron tiveron claro que querían reflectir na súa música toda a herdanza folk rock galega, desde Suso Vaamonde e  Batallán ata Bibiano, todo iso cun son orixinal, fresco e persoal, que ademais engade matices de folk americano.

O sexteto utiliza a lingua galega como vehículo de expresión e transmisión de emocións, e cos seus sons e inspiracións , aúnan tradición e modernidade. Unha esencia  que se materializou en 2016 co seu primeiro LP Os Amigos dos Músicos, co que conseguiron recoñecementos como ‘Mellor banda de pop’ nos Premios Martín Códax da Música Galega 2017, ‘Mellor disco galego de 2016’ para  Mondosonoro e finalista nos Premios MIN 2017 na categoría de mellor álbum en galego. En 2019 chega Segundo  Fogar, un disco que recolle a testemuña do seu brillante disco debut e co que continúan investigando e profundando na canción popular galega para xerar un son propio que bebe de toda esa tradición folk que vai de Suso Vaamonde, Bibiano, Solano ou Mahía a sonoridades que proceden do outro lado do Atlántico.