CANDO?
  • Sábado 10 de agosto
  • 16.00 horas
  • Parque do Paseo das Pontes
SOCIAL

     

BIOGRAFÍA

Pablo Lesuit é un músico, cantante e compositor galego que destaca na nova escena da canción española polo seu estilo persoal e independente. Tras o seu o seu primeiro  EP Ocho Horas, publicado en 2013, non parou de compoñer, tocar e colaborar con outros artistas da talla de Eladio y los Seres Queridos, ata gravar en 2015 o seu primeiro álbum: Tiempo (Warner  Chappell/ Altafonte), onde colabora Jorge Drexler e co que percorreu España tocando en salas e grandes festivais (Sonorama, Festival de la Luz). Tamén vira por Latinoamérica, onde participou no Festival Internacional Serenadas (Uruguai) e o Festival de Música Independente de Necochea (Arxentina). En 2017, entusiasmado co movemento da canción latinoamericana, decide emprender unha nova viaxe por Suramérica con pouca equipaxe e a súa guitarra debaixo do brazo para atoparse coas músicas de raíz. Alí é onde comezou a gravación do seu novo disco de maneira itinerante, que verá a luz en breve e promete non deixar a ninguén indiferente. En directo, a súa música coidada e harmónica é unha experiencia na que o público goza e baila as súas cancións.