CANDO?
  • Martes 6 de agosto
  • 20.30 horas
  • Teatro Colón
ENTRADAS
SOCIAL

BIOGRAFÍA

Paco  Ibáñez é unha das grandes figuras da canción desde fai máis de medio século. E precisamente, 50 anos despois do seu  icónico concerto no  Olympia de París, Paco  Ibáñez, convertido en lenda viva e punto de referencia para varias xeracións, reedita o dobre álbum que recolle este directo. Embarcouse nunha xira que comezou en Francia -país onde se exiliou durante a súa mocidade-, que continúa por España e Latinoamérica, e que lle traerá á Coruña. Unha viaxe polas cancións daquel momento histórico, que enlazará coas súas novas composicións,e que desde o patio de butacas, transportaranos a un espazo de amor e liberdade, de resistencia ante a inxustiza, a violencia e o horror, e desde o que se reivindica o humanismo fronte á barbarie do s. XXI.

A voz e as cancións do valenciano, que poñen música ás composicións de grandes poetas como Alberti, Goytisolo, Neruda… acompañaron a unha xeración que as converteu en himnos que, a través do tempo, seguen soando cada vez que xorde un clamor pola liberdade como un símbolo de resistencia ante todos os poderes ditatoriais. Galardoado coa Medalla de Ouro ao Mérito das Belas Artes (2007), rexeitou a Medalla da Orde das Artes e as Letras de Francia ata en dúas ocasións (1983 e 1987), aludindo a que “o único premio que me interesa é o aplauso do público”. Un premio que seguro que os coruñeses e as coruñesas quererán outorgarlle esta Selección Noroeste.