CANDO?
  • Venres 9 de agosto
  • 22.45 horas
  • Praia de Riazor
SOCIAL

  

BIOGRAFÍA

Nada en Chicago en 1946, Patti Smith mudouse a Nova York en 1967, cidade na que coñeceu a Robert Mapplethorpe, fotógrafo responsable da portada do seu primeiro e icónico traballo Horses. Editado en 1975, Horses está considerado como un maiores e máis influentes álbums da historia do movimento punk-rock americano. A obra, que tamén marcou a transición do clásico rock ao punk, é igualmente citada como unha influencia fundamental de sucesivos xéneros coma o punk-rock, o post-rock e o rock alternativo.

A polifacética artista, aclamada universalmente como “madriña do punk”, traza un sólido camiño en cada vertente cultural que decide experimentar. Poetisa, cantante, fotógrafa, escritora e compositora, Patti Smith gañou en 2010 o National Book Award estadounidense co seu libro de memorias Just Kids. Ademais de membro do Rock and Roll Hall of Fame, a gran poetisa da música norteamericana foi condecorada co título Commandeur des Arts et des Lettres polo Ministerio de Cultura Francés. Asimesmo, grazas á súa entrega e dedicación ao universo cultural, a artista recibiu innumerables premios honorarios e homenaxes ao longo da súa lonxeva carreira, que abarca máis de catro décadas.