CANDO?
  • Xoves 8 de agosto
  • 21.20 horas
  • Campo da Leña
SOCIAL

     

BIOGRAFÍA

Membro fundador de The Nerves xunto a Peter Case e Jack Lee, Paul Collins desenvolveu unha impecable carreira en solitario desde 1979 con The Beat. Desde entón, editou once fantásticos álbums como Paul Collins Beat ou, simplemente, Paul Collins. Este 2019 cúmprense 40 anos de a edición do clásico primeiro álbum de The Beat, para moitos, a obra mestra do power-pop, con xoias como Rock & Roll Girl, Walking Out of Love, You Won´t Be Happy, Don´t Wait Up for Me Tonight ou Different Kind of Girl.

Co seu último traballo, Out of my Head(2018), Paul achéganos un disco sinxelo, fresco e directo, cunha chea de cancións redondas. El mesmo encárgase de todas as guitarras e baterías e o resultado é unha volta á súa frescura orixinal, chea de momentos impecables no seu máis puro estado. Este verán, no 33º Noroeste Estrella Galicia, Paul Collins Beat repasará o mellor da súa carreira xunto aos músicos cos que leva anos compartindo escenarios de medio mundo: Octavio Vinck, Juancho López e Ginés Martinez.