CANDO?
  • Xoves 8 de agosto
  • 20.00 horas
  • Fundación Luis Seoane
SOCIAL

    

BIOGRAFÍA

Ruiseñora fan copla, pero non; fan electrónica, pero tampouco. Tiña que haber un espazo de confluencia, un punto cego que atopase visibilidadeá hora de mesturar saetas e psicodelia, copla e electrónica, refraneiro popular e linguaxe maquinero, La Violetera e Blade Runner, García Lorca e Alan Turing; o neotonadillerismo en estado puro.

As cancións de Relente, segundo álbum do dúo, que chega case tres anos despois de que sorprendesen co autoeditado Siglo XX, falan de feridas, de raíces, de patios extremeños, de festivais que ben poderían ser verbenas, de enigmas ocultos en doblaos e do difícil que é poñerse en pé despois de que a vida che poña a cambadela. Elia Maqueda ganduxa unhas letras que nos teletransportan á copla tradicional de principios do século XX, pero cunha mirada absolutamente atemporal e penetrante, evocadora e empoderada, cósmica e alegórica, habitando a un tempo na poesía e na músicae coa coidada produción de Atilio González, que articula un son que nos convida a pensar en conceptos como os de psicodelia popular, coplatrónica ou electrónica tradicionalista. Con Ruiseñora, a tradición do canto popular fúndese coas atmosferas máis lisérxicas dol rock alternativo electrónico.