CANDO?
  • Xoves 8 de agosto
  • 12.30 horas
  • Rúa Torreiro
SOCIAL

      

BIOGRAFÍA

Sala 5 é un grupo que nace na Coruña en 2016, froito da fusión das diversas perspectivas musicais que cada un dos seus integrantes posúe. Nas súas propias palabras, “a banda podería enmarcarse dentro do estilo indie polas liñas da súa guitarra, do seu baixo e da súa batería, pero o que realmente lle dá un toque diferencial é o seu acordeón”, sempre presente en todos os seus temas de composición propia. Sala 5 está actualmente integrada por Diego Gómez (guitarra e voz), Nicolás Cotelo (batería), Rubén Tojeiro (acordeón), Alfonso Solís (baixo) e Ángel Díaz (guitarra principal). Velaquí un quinteto con resaibo pop-rock que leva tres anos de incansables directos por toda a xeografía galega e que este verán fará unha parada moi especial na súa cidade natal dentro das sesións matinais do 33º Festival Noroeste Estrella Galicia.