CANDO?
  • Domingo 11 de agosto
  • 13.30 horas
  • Parque do Paseo das Pontes
SOCIAL

     

BIOGRAFÍA

Silvia Penide é unha vella coñecida do Noroeste, que xa visitou no 2015. A autora e intérprete coruñesa, conecta co público coas súas cancións directas que levan sonando desde 2002 e acumulando grandes críticas e mencións en medios especializados como Mondo Sonoro, Rolling Stone ou Radio3, entre otros. Tras compartir escenario con artistas do talle de Annie B. Sweet, Mäbu ou Mercedes Peón en 2016 estrea Todo pintado de plata, un traballo que lle leva a gañar o ‘Premio Martín Códax da Música Galega’ na categoría Pop/Indie, a actuar no ‘Festival de la Luz’ e a formar parte do circuito madrileño de concertos. En abril de 2019 edita o seu séptimo disco de estudo El efecto boomerang, unha nova colección de temas sensibles e reflexivos, que chega tras celebrar quince anos de carreira musical.

Cada directo de Silvia Penide é unha experiencia que aporta felicidade, de gran calidade artística e un persoal pop de autor que cautiva ao público cunha voz que, según o blogue ‘El sonido de lo inevitable’ “baila entre a dozura e o racho, combinando a suavidade e a enerxía como poucos poden facelo”.