CANDO?
  • Mércores 7 de agosto
  • 22.30 horas
  • Castelo de Santo Antón
SOCIAL

     

BIOGRAFÍA

Elegancia pop, espontaneidade flamenca. Soleá Morente ven de presentar en marzo o seu segundo disco, Ole lorelei , unha deliciosa combinación de estilos dominada polas súas raíces. Unha colección de pequenas xoias, e xoias non tan pequenas, a medio camiño entre a música popular e o flamenco. A filla mediana de Enrique Morente e a bailaora Aurora Carbonell oscila entre un e outro estilo para pechar un álbum máis ecléctico que o seu anterior Tendrá que haber un camino (2015), que fora o seu debut en solitario. O tema Ya no solo te veo a ti, xerme deste novo disco, foi a culminación dunha colaboración pospuesta durante anos: a de Soleá Morente con Alonso Díaz, de Napoleón Solo. E o resultado deslumbrou a ambos: a filla do mito do cante e a figura emerxente do indie granadino. Nesa canción xurdiu un entendemento estable que convertiu a Alonso en produtor deste segundo álbum de Soleá e, tamén, en colaborador destacado na maioría das súas cancións e artífice dese punto de sofisticación que envolve o universo netamente flamenco que corre polas veas da artista.

Non é simple indie o que respira Ole lorelei, en absoluto. O seu estilo viaxa do funk con aires de Serge Gainsbourg e Jane Birkin, ao setentero R&B de artistas como Las Grecas, ou detense nos autotunes do trap, que incorpóranse a unha soleá de Bernarda de Utrera con toda naturalidade. Hai moito tempo que o flamenco ten vida propia, pero a mediana dos Morente non renuncia a buscarlle novas rutas. Hai no seu segundo traballo unha curiosa tensión que emana da súa propia dualidade. Dous estilos supostamente afastados contáxianse entre si: por un lado, avanzan os temas pop empapados de cante e, por outro, o cante contaminado de pop.

ENTRADA AO CONCERTO

  • As entradas estarán a disposición do público o día previo a cada concerto en Ticketea.com a custe de 0 euros (máximo 2 entradas por persoa ata fin de existencias).
  • Sortearanse entradas dobres a través das redes sociais (Facebbok, Twitter e Instagram) do Festival Noroeste Estrella Galicia os días enteriores.
  • A apertura do Castelo de Santo Antón terá lugar unha hora antes do inicio da actuación. Prégase ao público que teña entrada que acceda ao recinto uns 30 minutos antes do comezo do concerto.