CANDO?
  • Sábado 10 de agosto
  • 14.45 horas
  • Rúa Torreiro
SOCIAL

   

BIOGRAFÍA

Garage e blues con toques de psicodelia e surf. Así soa Superser, un trío nado no berce do underground musical de Cedeira (A Coruña), da man de Luis (guitarra e voz), Juan (batería) e Dani (baixo). Fan de bandas como 13th Floor Elevators, The Stooges, Night Beats ou Guadalupe Plata, a troupe define a súa música como blues positrónico dos pantanos siderais.

Amantes do instro-surf e do garage-psych,ao longo da súa carreira compartiron escenario con grupos como Viv and The Sect, Aullido Atómico, Travesti Afgano ou Tigre y Diamante. O seu traballo recolle multitude de influencias, que van desde a psicodelia californiana e os sons de guitarras surf ao rock cru de Detroit. Os seus temas (como No te pires nena, Ámame como una perra ou Superser) son cortes hipnóticos que demostran que o seu é, sen dúbida, o rock cunha clara vocación outsider.