CANDO?
  • Mércores 7 de agosto
  • 23.15 horas
  • Praza de San Nicolás
SOCIAL

     

BIOGRAFÍA

Rock sen tregua, letras incendiarias e moita emoción son os ingredientes fundamentais do tándem formado por Delila Paz e Edgey Pires. Desde o seu nacemento en 2008, The Last Internationale alternou en escenarios de medio mundo con figuras tan imprescindibles como Robert Plant, Neil Young, The Who, Kings of Leon, Slash, Scott Weiland, Weezer, One Republic, Tom Morello, Lenny Kravitz, Incubus ou Royal Blood, entre moitas outras. Habitual dos circuítos festivaleros máis relevantes de América e Europa, a banda neoiorquina destaca especialmente polas súas electrizantes actuacións en directo. No seu haber cítanse os álbums We Will Reign (2014) e o máis recente Soul of Fire (2019), cuxo primeiro single, Hard Time, alcanzou o número un na lista de blues de iTunes no Reino Unido, coándose, ademais, no top 20 en diferentes países do mundo. Rock rebelde e pegadizo en estado puro.