CANDO?
  • Sábado 10 de agosto
  • 21.00 horas
  • Praia de Riazor
SOCIAL

      

BIOGRAFÍA

Festa, xuventude, praia e, sobre todo, bo rolo. Iso é The Rapants. Esta banda de indie garage surfeiro formada en Muros o verán de 2018 conseguiu mediante frases pegadizas e bailes esperpénticos facerse un oco nas preferencias musicais do público novo. A Xanma e Rapante, encargados das guitarras e as voces (así como da composición) súmanse Matías e Hugo. O primeiro (ao baixo) levanta ao público co seu carácter descarado. Pola súa banda, Hugo, a última incorporación, substitúe á anterior batería achegando maior variedade rítmica e experiencia.

Este 2019, despois dos seus concertos en Santiago e Madrid, a banda actuou na V Noite de Rock Sala Nasmo, na súa localidade natal muradá. Actualmente, The Rapants continúa promocionando o seu último single: Andas por el. Un pequeno preludio ao seu futuro álbum Cariña de raposo. A música animada e pegadiza desta banda esténdese rapidamente entre os seus oíntes, agradando especialmente ao público xuvenil, que salta e baila nos seus directos. A filosofía do grupo fundaméntase na composición ininterrompida de nova música, da cal xa obtiveron os seus primeiros ingresos en diversas plataformas de streaming como Spotify, grazas ás súas numerosas visitas. A fábrica de baile de The Rapants nunca deixa de funcionar, un motivo máis para motivar a un público que aumenta grazas ao éxito en redes.