CANDO?
  • Martes 6 de agosto
  • 22.00 horas
  • Praza de San Nicolás
SOCIAL

     

BIOGRAFÍA

Baixo o nome de The Sey Sisters agóchase un espectacular trío de voces negras que convídan a vivir unha sentida viaxe musical que vai dende o gospel ate a música africana, pasando polo soul. Cantos impregnados de profunda emoción que xurden da loita contra a injustiza, a defensa dos dereitos humanos e a esperanza no futuro. Cunha agradable fusión de alma africana, estas tres irmás catalanas de ascendencia ghanesa, extenden as súas incribles voces por todo o mundo grazas ao seu pegadizo ritmo, a súa contaxiosa enerxía, o seu incuestionable talento e a súa verdadeira paixón.

Tras un primeiro disco en 2015, Let freedom ring, cunha resposta moi positiva de crítica e público, en Setembro de 2018 viu a luz o seu segundon disco, Rise. Unha chamada á revolución persoal que, segundo din “nace pola necesidade de expresarnos dende o que somos: mulleres nacidas en Cataluña e negras, coas nosas inquietudes, os nosos medos e as nosas fortalezas. Para visibilizar un sector social que poucas veces se ten en conta, o colectivo afro e as/os afrodescendentes que, a pesar de ter nacido e medrado en España, loitamos cada día para que a nosa cor de pel non determine quen somos”. The Sey Sisters comparten este proxecto co pianista e saxofonista Albert Bartolomé, con quen completan un magnífico círculo de boa enerxía e aire fresco que define os seus espectáculos.