CANDO?
  • Sábado 10 de agosto
  • 00.00 horas
  • Praia de Riazor
SOCIAL

      

BIOGRAFÍA

A banda sueca de rock The Sounds regresa aos escenarios españois este verán como un dos cabezas de cartel do 33º Festival Noroeste Estrella Galicia,para celebrar os seus 20 anos sobre os escenarios a golpe de pura enerxía. A banda, liderada por Maja Ivarsson (voz), está ademais integrada por Felix Rodríguez (guitarra), Johan Bengtsson (baixo), Jesper Anderberg (sintetizadores) e Fredrik Nilsson (batería). O seu álbum debut, Living in America, que viu a luz en 2002, estivo nomeado a varios Grammy e logrou a cuarta posición na lista sueca de discos máis vendidos. A el seguíronlle Dying to Say This to You (2006), Crossing the Rubicon (2009), Something To Die For (2011) e Weekend (2013). A súa música chamou a atención non só do público e da prensa especializada, senón tamén do todopoderoso Hollywood: os seus temas  Something To Die For e Yeah Yeah Yeah, pertencentes ao seu traballo Something To Die For, forman parte da banda sonora da película Scream 4. Nas súas múltiples xiras internacionais compartiron táboas con bandas da talla de Foo Fighters, Panic! At The Disco e The  Strokes.