CANDO?
  • Venres 9 de agosto
  • 14.45 horas
  • Bulevar do Papagayo
SOCIAL

     

BIOGRAFÍA

The Wellgreen é unha perfecta combinación de composicións dos 60, psicodelia e powerpop, á que se suma o uso de técnicas de gravación de estilo vintage, que fan que os seus discos soen clásicos e atemporais. A súa presenza enérxica e harmónica sobre o escenario fíxolles gañar unha lexión de seguidores non só en Reino Unido, senón en toda Europa e máis aló, con comparacións que lles equiparan con bandas míticas como CSN & Y, The Beach Boys, Wings ou Creedence Clearwater Revival, entre moitas outras.