CANDO?
  • Xoves 8 de agosto
  • 13.30 horas
  • Rúa Torreiro
SOCIAL

      

BIOGRAFÍA

Desde Oleiros (A Coruña) chega este grupo integrado por Rodrigo (guitarra e voz), Luis (baixo),  Alicia (violonchelo) e Hugo (batería e coros). Cun estilo fresco e persoal, Theta Waves atopa a súa inspiración en bandas como Black Sabbath (polos seus riffs pesados), The Wytches (grazas ao seu son único) ou Fugazi (movidos pola súa estética punk e underground). Cada concerto da troupe coruñesa é unha caixa de sorpresas, cun directo dinámico e rompedor que non deixa indiferente a ninguén. Theta Waves chega ao Noroeste Estrella Galicia en plena forma tras a publicación de Violet Sky, un single máis un videoclip lanzados en abril de 2019. Entre as salas nas que a banda deu renda solta aos seus enérxicos directos a golpe de punk e noise rock, non faltan espazos míticos do circuíto galego como a Sala Mardigras, Le Club,  Black Widow ou Filomatic na Coruña, o Moon Music Club en Santiago de Compostela ou El Contrabajo e o Transylvania Metal Pub en Vigo.