CANDO?
  • Xoves 8 de agosto
  • 00.45 horas
  • Campo da Leña
SOCIAL

     

BIOGRAFÍA

Os madrileños Toundra comenzaron a súa viaxe musical no ano 2007. O seu son combina riffs poderosos, fermosas melodías e atmosferas intrincadas en espazos as cancións cheas de electricidade, que salientan a incandescente chama do seu directo. Rapidamente publicaron tres discos de maneira independente, viraron por varios países, participaron en algúns dos festivais máis relevantes do continente, como o Primavera Sound ou o FIB,e convertéronse nunha das bandas instrumentais máis aplaudidas de Europa.

O seupenúltimo traballo, IV (2015), foi elixido mellor disco de 2015 por Mondosonoro, entre moitos outros eloxios. Xa en 2018, Toundra publica o seu quinto e máis recente disco, Vortex, un traballo co que marca un novo comezo para esta banda de vehemente rock and roll instrumental, que en directo desata unha salvaxe, demoledora e emocionante tormenta.