CANDO?
  • Martes 6 de agosto
  • 23.15 horas
  • Praza de San Nicolás
SOCIAL

 

BIOGRAFÍA

Cun son sofisticado e rabioso, a música de TT Syndicate traspórtanos do Mardi Gras de Nueva Orleans ao Wigan Casino británico, do hotel Sands de Las Vegas ao corazón negro de Detroit. A súa é unha incrible viaxe musical regada cun explosivo cóctel que mestura a elegancia das big bands, o desenfreo do northern soul, o espírito festivo do dixieland e a vibrante emoción do merseybeat dos 60. Na súa selecta produción discográfica atopámonos con potentes artefactos como a sucia Last Night, o seu Abu Dhabi Twist con reminiscencias arábigas ou a fenomenal Venom Dream Queen, que parece sacada da discografía máis sensual de Tom Jones.

O seu primeiro LP, Gatefold, viu a luz en 2017, con temazos como Seven Veils ou o rabioso pepinazo booper Baby Baby, Baby. Con todo, se en algo destaca a banda portuguesa é en contar cun dos directos máis irresistibles que podemos atopar no vello continente. Cunha posta en escena exquisita, estes músicos son capaces de levantar un furacán sonoro que arrastra a todo aquel que se poña no seu camiño, cuspíndoo no medio da pista de baile, embriagado por un irrefrenable arrebato rítmico. Un fastuoso espectáculo cheo de alma e ritmo, no que as suntuosas guitarras e os abrasivos metais farán que o tempo se deteña nunha eterna celebración en loas á vida e a diversión.