CANDO?
  • Mércores 7 de agosto
  • 21.00 horas
  • Campo da Leña
SOCIAL

   

BIOGRAFÍA

Turbo Kraks xorde en 2016 como unha aposta polo formato instrumental da man de Manu, Joako e Rober, cun sonido posthardcore ao estilo de Gallows, Fall of Troy e Mariah Carey. En 2017, a banda estréase en vivo no seu amado Basticore -festival de música independente de Bastiagueiro, na Coruña- e continúa tocando de forma incansable onde queira que lle deixen. O público do 33º Festival Noroeste Estrella Galicia poderá gozar con ela dun setlist cargado de temas directos, riffs macarras e bailoteos ao máis puro estilo de Disco Stu.