CANDO?
  • Mércores 7 de agosto
  • 19.00 horas
  • Casa Museo Casares Quiroga
SOCIAL

   

BIOGRAFÍA

A paixón pola música popular brasileira foi o motor de arranque deste singular cuarteto xurdido na cidade da Coruña no ano 2009. Tras anos de estudo e divulgación deste xénero, a banda integrada por Marga Ramos (voz), Fra Castro (piano), Quique Alvarado (baixo) e Samuel Pérez (batería) atópase en plena presentación en directo do seu primeiro traballo discográfico, Bellis Silvestris, no que lle dan luz verde ás súas propias composicións e afondan nas súas grandes inquietudes: o amor, o introspección e a necesidade de coñecer o universo infinito da música brasileira. E o seu éxito non se fixo esperar, tal e como acreditou a prensa especializada, que publica eloxios como“fermosísimas sonoridades brasileiras que se revelan fronte ao tópico. E, o mellor de todo, creadas aquí mesmo e de colleita propia” (Fugas, La Voz de Galicia).